Sábado, 11 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán A Garda Civil desarticula en Nigrán un grupo criminal adicado ao roubo con forza na provincia.

A Garda Civil desarticula en Nigrán un grupo criminal adicado ao roubo con forza na provincia.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe de arquivo UEI Garda Civil

A banda reuníase nun domicilio en Nigrán para planificar os roubos e repartir o botín.

Están acusados de polo menos trece delitos por roubo con forza, roubo de vehículos e incluso por incendio forestal.

A Garda Civil desarticulou un grupo criminal dedicado á subtracción de turismos cos que posteriormente realizaban aluaxes en locais de hostalaría dos que subtraían enteiras as máquinas recreativas ou de tabaco, para despois queimar o vehículo, nalgúns casos coas máquinas subtraídas no seu interior, en zonas boscosas chegando a provocar incendios forestais.

Esta desarticulación é froito das investigacións que, desde o pasado mes de abril, a área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán viña realizando e que no día de onte procederon á detención dos supostos membros do devandito grupo.

A área de actuación deste grupo circunscríbíase ás poboacións do sur da provincia de Pontevedra de Mos, O Porriño, Vigo, Tui, A Guarda e no límite coa provincia de Ourense na Cañiza

Reuníanse no domicilio da única muller do grupo, tamén detida, situado en Nigrán, desde onde saían para cometer os feitos delituosos e a onde regresaban, unha vez cometidos, para repartirse o botín conseguido. Nos desprazamentos utilizando para o seu desprazamento o vehículo da referida detida.

Os feitos delituosos foron realizados entre os meses de abril e xullo de 2014. 

A este grupo criminal impútanselles 5 delitos de roubo con forza, 6 delitos de subtracción de vehículos a motor, 1 de roubo en interior de vehículo e outro de incendio forestal, ademais do delito de pertenza a grupo criminal.

Os detidos son: J.G.E., de 29 anos de idade e veciño de Mos,  G.S.V., de 38 e veciña de Nigran,  M.V.C., de 43 e veciño de Vigo

Outros dous compoñentes deste grupo, que actualmente se atopan no Centro Penal da Lama, que son: F.F.V., 32 anos e I.G.G., de 25, ambos os ingresados por requisitoria xudicial, e aos que se lles imputan como autores dos delitos apuntados.

As dilixencias instruídas e detidos serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Porriño