Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fernández Comesaña (UCN) denuncia o mal estado dos areais de Patos e Canas.

Fernández Comesaña (UCN) denuncia o mal estado dos areais de Patos e Canas.

Correo-e Imprimir PDF

UCN denuncia que o alcalde Alberto Valverde, “só busca a foto”, en lugar de xestionar no seu momento a reparación dos danos ocasionados polos temporais na Praia de Patos e Canas. Advirten que unha vez iniciada a tempada estival seguen aínda sen reparar as escaleiras de madeira de acceso aos areais e falta de area. Sinala que agora promete, “despois do pousado en foto de rigor” co enxeñeiro da Xefatura de Costas, a súa reparación no prazo de 15 días, “o que vén demostrar o pasotismo e desidia do goberno local, que nin tan sequera se preocupou de ter a punto as infraestruturas de acceso ás praias que presentan un estado de abandono, no comezo da temporal alta de verán”.

Opina o edil Antonio Fernández (UCN), que o alcalde reacciona “ tarde e mal”, malia que no pasado pleno pediuse por parte desta agrupación a urxente reparación das escaleiras de acceso á Praia de Patos, así como os danos no litoral costeiro. Pola contraria, afirma que o alcalde negouse a dar conta das xestións realizadas ante a Demarcación de Costas, contestando de forma “pouco respectuosa” cun “xa se fará”, esquecendo o perigo que representa -cunhas vallas provisionais-, “e ignorando que os fins de semana lévase a cabo o mercadillo, dando unha imaxe deplorable de face ao turismo”.

Fernández Comesaña, recorda que grazas á presión veciñal o alcalde agora reacciona. Engade que tiveron que ser eles quen de mobilizarse e recoller “cuantiosas firmas de protesta, urxindo así mesmo a inmediata reparación dunhas escaleiras necesarias para acceso ao areal de Patos, ante o abandono por parte do goberno local, que de non ser pola denuncia cidadá, estamos completamente seguros que este verán o alcalde podería condenar a veciños e turistas a realizar barranquismo para acceder á praia”

Pregunta se é “así como pretende ofrecer servizos de calidade e atraer turismo”. Se xa esqueceu do slogan que acuño en FITUR “Nigrán praias de Castilla”. “A situación é patética”, opina Fernández.