Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán denuncia o mal estado dos areais da praia de Canas en Priegue.

O PSOE de Nigrán denuncia o mal estado dos areais da praia de Canas en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF
rochedal canas
rochedal2 canas
ducha canas
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

“De novo as praias de Nigrán sofren a incompetencia do goberno municipal”, denuncia o edil Juan González. Nomeadamente sinala o “rochedal” que cubre o espazo que tradicionalmente cubría unha area fina desta praia moi concorrida polos practicantes do surf. Agrega que nin o Concello de Nigrán nin a Demarcación Provincial de Costas fixeron actuación algunha tras a “importantísima perda de area por mor dos temporais do inverno”.

 González agrega que o mesmo sucede cos areais de Arribas Brancas que leva un ano cos accesos desfeitos, e que a pesar de terllo denunciado, aínda tampouco fíxose a reparación a pesar da chegada do verán.  

O “abandono” da Praia das Canas compleméntase coa presenza de lixo, restos de excrementos e cos servizos de duchas desfeito e fóra de servizo dende o ano pasado, segundo denuncia o edil.

“Esta total e absoluta deixadez supón un grave prexuízo para a economía e para a imaxe de Nigrán e por elo, dende o Partido Socialista esiximos ao goberno de Nigrán que si se ve incapaz de dar unha solución ao estado calamitoso da Praia das Canas alomenos sexa quen de trasladar de xeito inmediato este problema á Demarcación Provincial de Costas para que inclúa e tramite urxentemente as medidas precisas para a súa posta de novo en valor como areal referente de este concello”, sinala Juan González.