Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Para o xornal catalán “La Vanguardia” Nigrán está en Santiago de Compostela.

Para o xornal catalán “La Vanguardia” Nigrán está en Santiago de Compostela.

Correo-e Imprimir PDF
nenos-mutantes

E así de rápido, sen PXOM nin resolución doutra índole polo medio, Nigrán marchou e fíxose compostelán. Ao menos para a versión dixital do xornal catalán "La Vanguardia" que nunha nota sobre futuras actuacións da banda granadina Niños Mutantes informa da súa presentación no Festival PortAmérica "en Nigrán (Santiago de Compostela)". A nova pertence a unha nota recollida da axencia Europa Press cuxa versión orixinal non contén o erro.

Débese matizar que ningunha autoridade do concello nigranés confirmou a noticia do traslado masivo dos empadroados a terras "d' Cruña". Polas dúbidas, estaremos atentos...