Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Preocupación pola demora da Xefatura de Costas nos arranxos do acceso á Praia de Patos.

Preocupación pola demora da Xefatura de Costas nos arranxos do acceso á Praia de Patos.

Correo-e Imprimir PDF
IMAG0001
IMAG0003
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os accesos á praia de Patos seguen aínda en malas condicións. Nomeadamente as escaleiras destruídas polo mar, así como a base que as soporta así como parte do muro e afectando ao paseo que bordea a praia. As obras de reparación debe executalas a Xefatura Provincial de Costas, mais a pesar de ter o verán na porta aínda están sen facer. O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) manifestou a súa preocupación no pasado pleno pedindo á alcaldía que intercedera ante Costas para acelerar os traballos. "Xa se fará" foi única a resposta recibida polo alcalde Alberto Valverde, denuncia Fernández, "demostrando un pasotismo por parte do goberno local incualificable", denuncia o edil.

Fernández informa que a zona permanece valada "pero en perigo". Lembra que nesa contorna desenvólvese todos os fins de semana o mercadillo, "cos ricos que supón e sobre todo a sensación de abandono que se está trasladando, que de ningún xeito favorece á imaxe que se quere dar de face ao turismo", puntualiza.
Neste senso, Fernández Comesaña, insta ao alcalde a demandar ante a Xefa Provincial de Costas, a reparación inmediata e urxente dos danos ocasionados polos temporais na Praia de Patos, "cando estamos xa en portas do verán e todo segue igual".
Engade que este "deixamento e abandono vén confirmar tamén o pouco peso político que ten o Alberto Valverde dentro do PP, que xa nin os seus propios compañeiros respéctanlle". E pon como exemplo o sucedido coa pavimentación do Paseo de Panxón onde asegura " foi incapaz de esixir a Costas que cumprise unha demanda do Pleno da Corporación, para que o seu pavimento fóra en pedra natural en lugar de baldosas, habendo quedando en evidencia ante os veciños polo seu nula xestión á fronte do Concello, que está superando con fartura os peores prognósticos".