Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Retiran as plantas e axardinado das medianeiras do bulevar Praia América porque mantelas era caro.

Retiran as plantas e axardinado das medianeiras do bulevar Praia América porque mantelas era caro.

Correo-e Imprimir PDF
fcome

Dende a semana pasada operarios do Concello de Nigrán están a retirar as plantas ornamentais que a Xunta de Galicia colocou no bulevar Praia América co motivo das obras do carri-bici. No seu lugar colócáronse seixos de canto rodado branco "dando un toque de elegancia e limpeza a unha estrada fundamental de Nigrán", argumenta o alcalde Valverde.
A actuación consistiu na retirada parcial de plantas e arbustos, que "sobrecargaban a medianeira", a gusto do rexedor. Engade que á cuestión "estética" súmase o "factor práctico", xa que o seu mantemento "será agora máis sinxelo e máis económico", suliña.

Desto último non ten dúbida a oposición. O edil da UCN Fernández Comesaña pregunta, "onde estaba o alcalde cando permitiu que a Xunta axardinara todo o bulevar de praia América, sabendo o custosísimo mantemento que ía ter que asumir o concello".
Segundo o edil as cousas deben chamarse polo seu nome e non "vender a moto". Salienta que ao fin o rexedor deuse conta de que o persoal municipal "non daba abasto en arranxar herbas e o seu mantemento era moi custoso"