Xoves, 16 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Mariscada frustrada: dous veciños de Nigrán detidos con 5 quilos no areal de Estea.

Mariscada frustrada: dous veciños de Nigrán detidos con 5 quilos no areal de Estea.

Correo-e Imprimir PDF
1602 Almejas mediana500x500

Dous veciños de Nigrán de 37 e 50 anos foron sorprendidos nesta madrugada cando portaban dúas bolsas sospeitosas no areal de Estea (Vigo). Axentes da Unidade Medioambiental de Intervención Rural (UMIR) comprobaron que dentro das mesmas había navallas, berberechos e ameixas que arroxaron un total de 5 quilos. Ao comprobar que carecían de permiso algún para pesca ou marisqueo os axentes procederon a deter aos furtivos e denunciarlles ante a Consellaría de Medio Rural e do Mar. Incautadas as bolsas, procederon a devolver o botín ao mar. Tal e como trasladou a policía de Vigo, os feitos ocorreron ás 2:35 horas deste martes.