Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán declara 7 días de loito e suspende os actos públicos con motivo da traxedia ferroviaria de Santiago.

Nigrán declara 7 días de loito e suspende os actos públicos con motivo da traxedia ferroviaria de Santiago.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

-O venres 26 ás 12 horas terá lugar unha concentración con 5 minutos de silencio ás portas do Concello.
-Suspensión de actos públicos e actividades de lecer salvo as deportivas por 7 días.

A corporación municipal de Nigrán acaba de informar nun comunicado que decreta sete días de loito oficial con motivo da traxedia ferroviaria de Santiago de Compostela. Así mesmo, transmite "o seu máis sincero pésame ás familias e amigos das vítimas deste tráxico accidente".
Concentración o venres ás 12 horas na Casa do Concello en sinal de loito.
O Concello de Nigrán convoca aos veciños e visitantes ás 12.00 horas do venres 26 de xullo, fronte a Casa do Concello, para gardar cinco minutos de silencio en sinal de loito e en memoria das vítimas e das súas familias.
Suspensión das actividades de ocio e actos públicos nos próximos 7 días.
Por outra banda, a administración cancela as actividades culturais e de lecer previstas para os próximos sete días. As actividades deportivas mantense, pero non se celebrará ningunha cerimonia oficial nin acto de entrega de premios, e gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas en todas elas.