Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciño de Panxón denuncia a pasividade do concello e a Xunta ante o desprendemento da calzada.

Veciño de Panxón denuncia a pasividade do concello e a Xunta ante o desprendemento da calzada.

Correo-e Imprimir PDF
O veciño acudiu ás cámaras de VIA TV ante a pasividade das adminsitracións - Imaxe: VIA TV

Un veciño de Panxón acude ás cámaras de VIA TV para denunciar a pasividade do Concello de Nigrán e a Dirección Xeral de Costas nun desprendemento da calzada na estrada de Area Fofa nos cantís de Monteferro.

Denuncia que leva 15 meses reclamando unha solución ao problema sen chegar a ningún compromiso por parte das administración que "se pasan la pelota unos a otros".

Este veciño de Panxón denuncia o abandono que existe nesta zona de Area Fofa, en Monteferro. A súa queixa principal céntrase nun desprendemento dos cantís que provocaron o vaciado do firme que sotén á calzada.

A zona leva ano e medio cun valado de obra provisional sn que nin Concello nin a Dirección Xeral de Costas da Xunta de Galicia, poñan solución ao problema. "se pasan la pelota unos a otros. No, es del concello, no es de costas,...No, es de los ciudadanos el riesgo que pueden correr".

"estoy en estas cámaras para denunciarlo públicamente, porque el día de mañana, si pasa algo, ... es de los responsables" referíndose á responsabilidade das administracións en caso de accidente.

Os veciños tamén denuncian a suciedade e o descuido das zonas forestais "hay casa rodeadas de selva, ... el día que haya un inciendo esta gente corre el riesgo de tener un problema".  "Todos queremos la naturaleza, pero me dicen que las cañas es patrimonio y que hay que cuidarlas... yo no estoy en contra de todo eso, lo que estoy en contra es que hay que limpiar"

Por último este veciño denunciaba  a suciedade dos accesos ás calas de Monteferro. 

"Yo no sé de quien es la culpa, pero de los ciudadanos está claro que no. Y creo que por el bien por del turismo y de todo, vamos a potenciar las playas pero como es debido. Pero no es sólo Playa América..."

Dim lights Embed Embed this video on your site