Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A policía local detén a un veciño de Priegue por un delito contra a seguridade do tráfico tras unha persecución

A policía local detén a un veciño de Priegue por un delito contra a seguridade do tráfico tras unha persecución

Correo-e Imprimir PDF

A policía local de Nigrán detivo no medio día de onte a un veciño da parroquia de Priegue de 32 anos, que responde ás iniciais J.A.S.V., por un delito contra a seguridade do tráfico e desobediencia grave a axentes da autoridade.

 

O detido, segundo o informe do Concello de Nigrán, conducía unha minimoto sen o casco obrigatorio na contorna da Rúa Pedrosa (Priegue). "Cando os axentes do corpo local de seguridade proceden a darlle o alto, o condutor dáse a fuga, emprendéndose unha persecución por distintos viarios da zona, na que invade o carril contrario e pon en perigo a seguridade de peóns. Preto da rúa Mestra Emérita, o mozo consegue eludir a presenza policial ao introducirse nunha tomada, á que o vehículo policial non pode acceder".

Tras unha procura pola zona, os axentes da policía local conseguen interceptar ao detido, que paseaba pola Rúa Pedrosa, onde procederon á súa detención.