Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Socialistas denuncian desviación da canle do Río Muíños e piden dimisión dos concelleiros responsables.

Socialistas denuncian desviación da canle do Río Muíños e piden dimisión dos concelleiros responsables.

Correo-e Imprimir PDF
rio-muino-desfeita

O PSOE reclama a dimisión dos concelleiros José Álvarez (Obras) e Ignacio Vilar (Urbanismo e Medio Ambiente), ante o que entenden unha "nova desfeita" do goberno popular de Nigrán nos "referentes medio ambientais" do municipio. O concelleiro Juan González (PSOE), acusa aos concelleiros populares de ser os responsables dun presunto aterrado e modificación da canle do Río Muíños "sen autorización nin seguimento de Augas de Galicia".

 

O portavoz socialista denuncia que dende hai unha semana "a pala da Deputación Provincial de Pontevedra e a pala do Concello de Nigrán" ocupan a canle do río, no Camiño Rosiña á altura de depuradora municipal. Agrega que por mor desa intervención se está a producir unha desfeita na canle do Muíños "derrubando toda clase de arborado (salgueiros, amieiros e bidueiros destrozados) e enchendo o mesmo de area de praia e terra". Segundo o denunciante, ao longo desta zona do río Muíños poden ollarse cunchas e restos mariños esparexidos por todo o caudal.

Segundo o relato do concelleiro "Camións cargados con area do río se acumulan nunha finca enfronte o río que xa utilizou Alberto Valverde como vertedoiro ilegal." González advirte que a Policía Autonómica e o Seprona xa están investigando o asunto.

O portavoz adiantou que Partido Socialista esixirá de "xeito inmediato" a paralización das obras e solicitará a dimisión "inmediata dos concelleiros de vías e Obras e Medio Ambiente que en tan só dez meses de desgoberno levan destrozado todos e cada un dos referentes medio ambientais de Nigrán. " Por outra banda o PSOE esixe a reposición da canle así como a intervención de Augas de Galicia e da Fiscalía do Medio Ambiente.