Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O concesión das instalacións Dunas de Gaifar só deixaban 200€ mensuais denunciou o alcalde de Nigrán

O concesión das instalacións Dunas de Gaifar só deixaban 200€ mensuais denunciou o alcalde de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Alberto Valverde salientou a necesidade de recuperar as instalacións municipais Dunas de Gaifar.

O goberno municipal de Nigrán estuda a realización de melloras e recuperación das instalacións deportivas de Dunas de Gaifar. O pasado 15 de setembro finalizou a concesión pola que as arcas do Concello só recibían 200 euros mensuais, informou o alcalde Alberto Valverde. O rexedor opinou que tratábase dunha concesión "a la baja", mal xestionada pola administración de Efrén Juanes  “que además perjudicaba tanto a la actividad deportiva y de ocio como a la imagen turística del municipio". Nese senso, Valverde percorreu esta mañá as devanditas instalacións acompañado de parte do seu equipo de goberno e se comprometeu a rehabilitar o exterior do complexo no menor tempo posible.

Es nuestro deber y nuestra responsabilidad dar ejemplo, igual que les exigimos tanto a los hosteleros como a los vecinos y vecinas de este municipio que tengan sus locales y sus viviendas cuidadas y en condiciones”, indicou Valverde logo da inspección.  Acompañaron ao rexedor o concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez, o de Urbanismo y Medioambiente, Ignacio Vilas,  e máis a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva.