Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán reservará o 40% do chan para vivendas de protección nas Angustias

Nigrán reservará o 40% do chan para vivendas de protección nas Angustias

Correo-e Imprimir PDF
O Alcalde de Nigrán, Efrén Juanes e os Concelleiros de Urbanismo, Juan A. González e de Medio Ambiente Juan Hermida, mantiveron unha reunión onte en Santiago de Compostela co Director Xeral de Urbanismo, Ramón Lueje.
 
O goberno local acudiu á cita co director xeral de urbanismo para buscar o apoio do goberno galego para impulsar temas tan trascendentes para Nigrán como o novo PXOM ou o desanrolo do SAU 12 no barrio das Angustias.

O novo SAU 12, ocupará unha extensión de 27.000 m2 comprendido entre a estrada Vigo-Baiona e a capilla das Angustias. Esta actuación urbanística, a primeira desenrolada polo novo goberno, será pioneira na historia de Nigrán xa que ten previsto reservar un 40% da zona urbanizable a Vivendas de Protección Oficial.

Os concellais de urbanismo e medioambiente, mantiveron recentemente conversas co Director Provincial de Vivenda, Eudosio Álvarez, que trasladou tamén o seu apoio a esta iniciativa que sen dúbida cubrirá parte da forte demanda de vivenda que existe na comarca dado o elevado prezo da mesma.

Lueje felicitou aos representantes locais pola iniciativa de levar a cabo a redacción do PXOM no marco da Axenda 21, e polos pasos avanzados para a creación do consello sectorial de participación.