Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Dia Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

Dia Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

Correo-e Imprimir PDF
Con motivo da conmemoración do Dia Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero (25 de novembro ), a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Nigrán a través do Centro de Información ás Mulleres a de xénero desenvolverá varios actos como o Cine-Forum e unha xornada de lextura. O día 15 de novembro.  Cine-Forum: proxección da película “Te doy mis ojos”,  no colexio “Humberto Juanes” día 15 de novembro, as 18:30 horas.

O día 20 de novembro. Cine-Forum: proxección da película “Solas”, no Centro da Terceira Idade en Ramallosa, o día 20 de novembro as 18:00 horas.  

O día 23 de novembro: Xornada de lectura acompañada dunha proxección de audiovisuais no Salón de Plenos do Concello de Nigrán, a partir das 19:30 horas.

Tamén se proxectarán as curtametraxes gañadoras do 1º Concurso de Curtametraxes do Concello de Nigrán “Non a violencia de xénero”. 

As persoas interesadas en realizar unha lectura deberán poñerse en contacto co CIM, ( antiga estación do tranvía ) Estrada pola vía, nº 65, Panxón. Tlf. 986 383081, E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Continúa aberto o prazo para entregar os traballos no 1º Concurso de Curtametraxes do Concello de Nigrán, “Non a violencia de xénero”.   

O obxectivo será a elaboración de curtametraxes en formato DVD rodados con teléfono móvil ou cámara de vídeo. Tamén poderán ser realizados con diaporamas. A duración máxima dos curtos será de 10 minutos.

Nas obras deberase abordar a problemática da violencia de xénero e poderán ser entregadas no CIM, ata o próximo día 17 de novembro. Poden participar todas as persoas a partir dos 15 anos.

 As bases e a ficha de inscripción poderán baixarse da Web: www.nigran.org.