Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Entregan ao Concello de Nigrán 3.640 firmas a favor do porto deportivo pesqueiro

Entregan ao Concello de Nigrán 3.640 firmas a favor do porto deportivo pesqueiro

Correo-e Imprimir PDF
Inmediacións do Porto de Panxón
Faro de Vigo  o faise eco das 3600 firmas  entregadas no rexistro do concello de Nigrán en apoio do porto deportivo-pesqueiro en Panxón, unha formulación única e que non acaba de encaixar. A entrega das firmas foi efectuada por Enrique Casal, presidente do club náutico de Panxón, e por Miguel Villar Barros, concelleiro do PP.

As firmas presentadas contrastan coas anunciadas polos insteresados nos proxecto que falaban de ter nas súas mans 7000 firmas. Unhas firmas cheas de controversia e que sentaron malestar entre os veciños cando viron que varios rapaces menores de idade foran mandados porta por porta polo municipio para este cometido.

 Vai de firmas

Se por firmas se poidese medir a preocupación nun asunto para o pobo de Nigrán, este razoamento non foi aplicado na entrega das máis de 9000 firmas feitas polo colectivo Salvemos Monteferro fai dous anos onde lle pedía ao ex-alcalde Alfredo Rodríguez a retirada dun proxecto que supuña rematar co último recuncho verde da costa. A parte de permitir unha recalificación na Finca do Rapón para a instalación dun hotel.

Salvemos Monteferro non recibiu por aquela resposta ás 9000 firmas adxuntas a un concienzudo proxecto alternativo redactado por biólogos e enxeñeiros forestais, ainda que a ilegalidade da actuación e a presión do colectivo rematou desbaratando as pretesións do por aquel entón goberno popular, que non tivo máis remedio que retirar o proxecto licitado dende a Diputación de Pontevedra.