Xoves, 23 Nov. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar: Curso monitor acompañante de transporte para persoas con mobilidade reducida.

Gondomar: Curso monitor acompañante de transporte para persoas con mobilidade reducida.

Correo-e Imprimir PDF

A partir do 1 de xuño dará comezo o curso monitor/a acompañante de transporte de persoas con mobilidade reducida.
Os participantes durante 30 horas desenvolverán un programa teórico: normativa reguladora, tipos de transporte e requisitos, transporte de persoas con mobilidade reducida, etc. e un programa práctico: no que traballarán control de rampa de accesos, coñecemento dos puntos de anclaxe, subida e baixada das persoas con mobilidade reducida, primeiros auxilios e uso de desfibriladores.

A preinscrición terá lugar do 8 ao 28 de maio e pódese realizarse presencialmente recollendo a documentación na OMIX de Gondomar ou a través da sede electrónica do Concello de Gondomar. Terán preferencia os mozos e mozas entre 18 e 40 anos, do Concello de Gondomar. O curso será gratuíto e comezará o 1 de xuño rematando o 14 do mesmo mes, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Información sobre o curso, as inscricións na OMIX 986.369.746 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo