Domingo, 3 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar #Gondomar CABE rexeita as gabanzas a ex alcaldes do PP feitas polo rexedor Paco Ferreira (PSOE)

#Gondomar CABE rexeita as gabanzas a ex alcaldes do PP feitas polo rexedor Paco Ferreira (PSOE)

Correo-e Imprimir PDF
poli-gondo-alcaldes

As gabanzas tiveron lugar durante a presentación da nova sede policial e posteriormente recollidas pola prensa, segundo Gondomar Concello Aberto (CABE). Segundo esta formación, as mesmas foron dirixidas aos ex alcaldes do PP Ramón Sestelo e Carlos Silva. Nelas, o actual rexedor de Gondomar, Paco Ferreira (PSOE) tería expresado a súa satisfacción "por la concurrencia de alcaldes a los que debemos mucho".

Políticas, fotos e declaracións como as do Sr.Alcalde de Gondomar onte na inauguración das novas instalacións da Policía Local son radicalmente contrarias á ética e as compromisos adquiridos polo goberno e as formacións políticas que o sustentan ante a cidadanía e ante o pacto de goberno”, sinala esta plataforma veciñal, socia no goberno dos socialistas e con 3 concelleiros na corporación.

“Dende Gondomar Concello Aberto non sabemos que lle debe o Sr.Ferreira ao ex alcalde xulgado, condenado e inhabilitado para o exercicio de cargo público por prevaricación urbanística, e que representa a época máis negra da corrupción en Gondomar, dende logo Gondomar Concello Aberto, e a inmensa maioría da veciñanza, non lle debemos nada”, refire o comunicado de CABE con relación ao ex rexedor Carlos Silva.

“Tal vez o Sr.Ferreira considera que o goberno actual é un punto e seguido dos anteriores gobernos do PP, para nos é un punto e aparte”, afirman.

Declaracións e fotos como as de onte NON NOS REPRESENTAN e nos abochornan e así o queremos manifestar publicamente”, finaliza o escrito.

Para CABE no Acordo de Goberno asinado polos tres partidos (PSOE, CABE, Manifesto Miñor) establecíase un tempo político “novo afastado da corrupción e a clientelismo e das políticas que xeraron e xeran desigualdade, recortes sociais, privatizacións e limitacións de dereitos e liberdades. Un novo tempo onde a cidadanía e os veciños sexan o núcleo central da acción de goberno”.