Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Nacionalistas ven comprometida a transparencia das probas de admisión para a policía local de Gondomar trala renuncia das técnicas municipais do tribunal cualificador.

Nacionalistas ven comprometida a transparencia das probas de admisión para a policía local de Gondomar trala renuncia das técnicas municipais do tribunal cualificador.

Correo-e Imprimir PDF
policia-gondomar

Dende a agrupación nacionalista de Gondomar denuncian que por razóns aínda descoñecidas a Interventora e mais a Secretaria Técnica do Concello renunciaron ao tribunal cualificador encargado de realizar as probas aos postulantes para cubrir dúas prazas vacantes da Policía Local. Engaden que isto levou a unha suspensión provisional desta oposición que debía terse desenvolvido o pasado xoves 27 de novembro. Atranco que ten en vilo a 139 persoas que foran admitidas nas probas e levan meses preparándoas. Afirman que non é a primeira vez que se producen “incidencias” nos procesos selectivos na Policía local de Gondomar, “xa en anteriores ocasións para a escolla dos Auxiliares da Policía Local, houbo dimisións ou mesmo aspirantes aprobados con posterioridade á entrada en vigor dos contratos e cando xa se empezara a traballar”, afirma o edil Pauliño del Río.

É consciente o Sr.Alcalde que unha mancha de sospeitas e desconfianzas estase estendo arredor desta oposición?” pregunta del Río nun comunicado achegado este luns. Nese senso o concelleiro esixe que a transparencia sexa “total” neste asunto.

Pedido de explicacións

Sinala que ante as dúbidas que manifestan os opositantes así como o resto da veciñanza a súa agrupación solicitou que no próximo Pleno, a celebrar neste xoves, 4 de decembro, a comparecencia do concelleiro delegado da Policía Local ou do alcalde como Xefe de Persoal “para que dean as explicacións pertinentes, que esperemos que sexan cribles e reais”. Do contrario afirma que o novo tribunal que está a conformar a administración local “quedará afectado pola sospeita máis absoluta e os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso á función pública poden resultar seriamente comprometidos”.

Renuncias no tribunal cualificador

O tribunal cualificador está integrado por 5 membros titulares e 5 suplentes. “Todos eles  funcionarios con titulación igual e superior á esixida nas prazas convocadas”, sinala o edil del Río. Orixinalmente estaba integrado pola Interventora do Concello como Presidenta, A Técnica de Administración Xeral do Concello como secretaria e 3 vogais que son oficiais das Policías de Nigrán, Gondomar e Baiona. Todos cos seus respectivos suplentes.

Mais no BOP de 25 de novembro de 2014, publicase a Resolución da Alcaldía pola que se produce a “suspensión do procedemento relativo á cobertura destas dúas prazas de policía local”. Tómase esta como unha medida provisional.

O motivo é a renuncia de 4 membros do Tribunal Cualificador, “en concreto a Presidenta e a súa suplente e a secretaria e a súa suplente. Quedando por tanto o tribunal con so os tres vogais membros de Policía Local e os seus suplentes”, advirte o edil nacionalista.

É agora que?

Entende del Río que debido á gravidade desta medida e das consecuencias derivadas para ás 140 persoas que levan meses preparándose para esta oposición, “este suceso non pode quedar nunha simple paralización provisional. Alguén terá que explicar moi ben porque se produce a paralización deste proceso a dous días da celebración da primeira proba. Proba que os aspirantes levan meses cando non anos preparando. Que tipo planificación se estableceu ou mellor dito, houbo planificación?

Ao mesmo tempo o nacionalista afirma que preguntará aos responsables “Que pasou en realidade para que se produciran ás renuncias da Presidenta e secretario do Tribunal e as súas suplentes?

O malestar e o desconcerto dos opositores é manifesto e de coñecemento público, mesmo á súa desconfianza neste proceso”, finaliza del Río.

Antecedentes

O Concello de Gondomar ten en trámite a Oferta de emprego público de dúas prazas de Policía Local. A primeira delas, segundo a información achegada por del Río,  corresponde á Oferta de emprego público de 2011, foi aprobada pola Xunta de Goberno Local o 11.11.2001, publicada no BOP de Pontevedra o 26.12.2011. A segunda delas corresponde á Oferta de emprego público do ano 2013, publicada no BOP de Pontevedra de 18.07.2013. E no BOP de 26.11.2013 fíxose pública as Bases da convocatoria destas dúas prazas de Policía Local.