Xoves, 22 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Grupo Nacionalista de Gondomar desenvolverá coloquios informativos en Peitieiros e Mañufe.

O Grupo Nacionalista de Gondomar desenvolverá coloquios informativos en Peitieiros e Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

O sábado 15 ás 20:30 horas no Centro Cultural de Peitieiros e o domingo 16 ás 12 horas na Casa da Cultura de Mañufe o Grupo Nacionalista de Gondomar desenvolverá coloquios informativos sobre o Plan Xeral de Ordenación, o pago da contribución e os recibos pola recollida do lixo no municipio. As intervencións estarán a cargo dos edís Antonio Araúxo e Pauliño del Río.