-No ano do centenario, o Gondomar Club de Fútbol será o encargado da lectura do pregón que abrirá o tradicional “Gran Desfile de Comparsas ” previsto para o día domingo 2 de marzo.
-15 comparsas vidas de Vigo, o Baixo Miño e o Val Miñor animarán o desfile do Entroido gondomareño que este ano ofrecerá actividades para todas as idades, segundo o programa presentado nesta xornada polo concelleiro de Festexos e Cultura, Ignacio Troncoso.
Desfile de Comparsas
Un ano máis Gondomar celebra o Entroido cunha programación chea de actividades. A Concellaría de Cultura e Festexos de Gondomar que dirixe Ignacio Troncoso, organiza como acto principal deste Entroido 2014 o tradicional Gran Desfile de Comparsas, que se celebrará o domingo día 2 de marzo.
Abrirá a xornada a lectura do pregón, que correrá a cargo do Gondomar C.F., co motivo da celebración do seu centenario. O trío Azar será o encargado de presentar o desfile que dará comezo a partir das 16.00 horas e no que participarán un total de 15 comparsas vidas de Nigrán, Tui, Tomiño, A Guarda, Vigo e Gondomar.
• Moito Entroido: A casa de Mickey
• C.C. A Merced de Chaín
• Os lunáticos de Chaín
• Chinatau
• Super Chef
• Asociación Cultural Dreogán Val Miñor: O espertar dos Marionetas
• Os Macanudos: Os Pelimacanudos
• Os Terribles de Tebra
• Os Tenebrosos de Couso
• A tasca dos Mouros
• Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios: Vinciocas
• Asociación de Veciños de Beade: Love Music
• La mar de salaos
• Asociación Carnavales Mañufe: Unha comparsa la mar de salá
• Chegaron os que faltaban
Logo de pasar polas rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz, realizarase unha pequena parada na praza do Concello, onde o trío Azar amenizará a festa.
Verbena musical e entrega de premios
A festa continúa o martes 4 de marzo coa verbena musical de Entroido que, desde as 22.00 horas, estará amenizada pola orquestra ‘Yucatán’. A partir das 00.00 horas daranse a coñecer as comparsas e carroza gañadoras e realizarase a entrega de premios.
Para as comparsas máis orixinais haberá premios:
• 700 euros 1º clasificada
• 600 euros 2º clasificada
• 500 euros 3º clasificada
• 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes
Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.
Enterro da Sardiña
O mércores, 5 de marzo, celebrarase o tradicional Enterro da Sardiña. Ás 19.30 horas terá lugar o “velorio de Dona Sardiña” e ás 20.30 horas comezará a procesión, a lectura do testamento e o propio enterro de Dona Sardiña.