Mércores, 8 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Imaxes da riada do día de reis en Gondomar

Imaxes da riada do día de reis en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
enchente-reis-gondomar

-Un vídeo de Gondomar.tv documenta os efectos da treboada de vento e choivas que provocou unha nova enchente dos ríos Zamáns e Miñor que afectaron a vila durante o pasado día 6 de xaneiro.

Dim lights Embed Embed this video on your site
Se ben como di o vídeo non foi nin a "peor" nin a dos "record" esta nova enchente deixou unha vez máis en evidencia a falla de planificación urbanística que historicamente afecta á vila de Gondomar. As augas invadiron o parque da Coelleira, o veciño espazo ocupado pola escola vella e o CDL, espalláronse pola zona baixa do antigo matadoiro e invadiron terreos das fincas situadas nas veiras do río. Tamén quedou afectado o novo paseo á altura da Ponte de Mañufe, así como varias leiras de cultivo.
Segundo testemuño de veciños que percorrían a zona da Coelleira, o retiro dos pequenos muros de contención do parque empeoraron a xa pobre vulnerabilidade do espazo ante as crecidas. De feito, a zona quedou convertida nun lamacento imposible de transitar, con unha única ponte con capacidade de permitir o cruce do río.