Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Garda Civil queda sen radar en Vincios logo de que un conductor a emprendese chocando contra o vehículo policial

A Garda Civil queda sen radar en Vincios logo de que un conductor a emprendese chocando contra o vehículo policial

Correo-e Imprimir PDF

Os feitos aconteceron onte na estrada entre Zamáns e Gondomar á altura da parroquia de Vincios, un dos tramos máis negros da comarca en canto a número de sinistros.

Un conductor emprendeuna contra o vehículo policial logo de que o radar o fotografase cometendo unha infracción de tráfico.

A multa do radar non sentou ben a este veciño que logo de ser retratado polo flahs do radar decidiu dar a volta e emprendela contra o vehículo policial provocando un sinistro con resultado de dúas persoas feridas, o suposto infractor enoxado e o axente de tráfico que se atopaba no interior do multamovil.

Os servizos de emerxencias trasladaron aos feridos.

Coincidencia co sinistro de Tomiño.

A hora do sinistro de Vincios coincidiu coa hora doutro tráxico sinistro en Amorín, Tomiño. Dúas imaxes chegaban a varias redaccións asegurando pertencer ao sinistro de Vincios. Minutos depois quedaban descartadas ao poder identificar os modelos dos vehículos siniestrados.