Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Atópase antigo paso de pescadores durante tarefas de limpeza nas marxes do río Zamáns.

Atópase antigo paso de pescadores durante tarefas de limpeza nas marxes do río Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF
Operarios durante as tarefas de limpeza

Un grupo de operarios do Concello de Gondomar atopou un antigo paso de pescadores entre as silveiras durante unhas tarefas de limpeza do río Zamáns, á altura da Praza de Abastos. Dende o Concello sinálase que o lugar foi acondicionado polos traballadores retirando a vexetación que o cubría.
O antigo paso foi descuberto durante os traballos de mantemento das marxes do río ao seu paso pola vila de Gondomar, segundo sinala o Concello, co fin de minimizar os efectos das enchentes do río, que cada ano afectan a esta zona.
A actuación centrouse nas marxes do río da zona da Praza de Abastos, onde se rozou e limpou o exceso de vexetación que obstaculizaba a libre circulación da auga. Á súa vez, o acondicionamento das marxes deixou ao descuberto o antigo paso de pescadores sepultado, dende hai anos, baixo as silveiras, procedendo ao seu acondicionamento.