Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Furanchos e o saneamento de A Pedra serán os temas que levará a alcaldía ao pleno de Gondomar.

Furanchos e o saneamento de A Pedra serán os temas que levará a alcaldía ao pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

-Unha ordenanza para os furanchos e o proxecto de saneamento para o núcleo de A Pedra (Morgadáns) serán as propostas que levará a alcaldía cara ao vindeiro Pleno de Gondomar a celebrarse o próximo xoves 12 de setembro.

O pleno do próximo xoves, 12 de setembro, do Concello de Gondomar tratará, entre outros asuntos, a proposta de alcaldía relativa á aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora da actividade de furanchos do Concello. Fernando Guitián, alcalde do municipio afirma que "é necesario establecer unha regulación deste sector, adaptada ao novo marco legal da Xunta de Galicia. É por isto que esperamos acadar a aprobación inicial desta ordenanza que dotaría dun marco legal aos furanchos do municipio".
Así mesmo, o goberno local tamén levará á sesión plenaria deste xoves o proxecto denominado 'Infraestruturas básicas de saneamento no núcleo rural de A Pedra, en Morgadáns,'. Tras conseguirse todos os permisos necesarios para a realización das actuacións, o goberno local espera conseguir a aprobación deste proxecto que supoñería "unha moi boa noticia para os veciños e veciñas de A Pedra", recoñece o rexedor gondomareño.