Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Segunda noite consecutiva de incendios nocturnos en Gondomar, arden montes en Morgadáns e Peitieiros.

Segunda noite consecutiva de incendios nocturnos en Gondomar, arden montes en Morgadáns e Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF
lume peitieiros

 


Actualización: Medio Rural estima en 25 as hectáreas de monte afectadas polo incendio en Morgadáns. O lume que tivo inicio sobre as 22 horas do sábado e foi extinguido as 6:20 horas deste domingo, arrasou 3 ha forestais e 22 ha de monte raso, segundo a consellaría. Nos traballos de extinción participaron un técnico, cinco axentes forestais, oito brigadas, oito motobombas e dous palas.

Un lume de grandes proporcións está a castigar por segunda noite consecutiva os montes das parroquias de Peitieiros e Morgadáns, no concello de Gondomar. De momento fontes das brigadas contra incendios que están a traballar no lugar, sitúan o comezo do incendio pasadas as 22 horas. O forte vento que castiga a zona fai que aumente o perigo de expansión segundo reportan dende a zona. O lugar onde se atopan traballando os brigadistas está situado nunha pendente pronunciada, o que aumenta as dificultades.