Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Un perigoso desnivel sen valado na estrada Baralla - Touteiras pon en perigo a peóns e motoristas.

Un perigoso desnivel sen valado na estrada Baralla - Touteiras pon en perigo a peóns e motoristas.

Correo-e Imprimir PDF
R0012299

Un desnivel de catro metros a carón da estrada que comunica Baralla con Touteiras na parroquia de Morgadáns preocupa á veciñanza pola falla de valado que protexa a peóns e vehículos. A agrupación nacionalista ANOVA denuncia que tanto o Concello de Gondomar como a Entidade Local de Morgadáns foron advertidos hai un mes sen ter ata de agora resolto o problema nin recibido resposta por parte das autoridades.

O perigoso punto negro atópase xusto a continuación da ponte sobre o Regueiro de Barxa, nunha estrada de tres metros de ancho e importante tránsito. O mesmo quedou ao descuberto trala limpeza de silvas e maleza nas beirarrúas e cunetas desenvolvida por operarios de mantemento no pasado mes de xullo. Os traballadores colocaron daquela unhas cintas co xeito de advertir do perigo, sendo ata de agora o único elemento de seguranza existente no lugar.
Os nacionalistas critican a pasividade das autoridades para resolver o problema. Nomeadamente sinalan a Urbano Esmerode (PP), presidente da Entidade de Morgadáns, a quen acusan de esquecer temas prioritarios como a seguridade dos veciños e a calidade dos servizos públicos, mentres "as prioridades son os torreiros de festas e o gasto de cartos públicos sen ningún tipo de control". Agregan que Esmerode leva máis de dez meses sen convocar o Pleno da Entidade cando o regulamento da mesma sinala que debe facelo cada dous meses.
"De todo isto, antes ou despois vai ter que dar conta", o presidente da Entidade, afirman desde ANOVA; " polas boas ou polas malas", esixirán que de conta á veciñanza de Morgadáns.