Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Xunta licitará despois do verán un conxunto de melloras para a estación de autobuses de Gondomar.

A Xunta licitará despois do verán un conxunto de melloras para a estación de autobuses de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
terminal gondomar

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anuncia a licitación para despois do verán dun conxunto de melloras para executar de xeito inmediato en 37 estacións de autobuses galegas, entre as que se atopa a de Gondomar, mediante unha achega económica de preto de 1,6 millóns de euros.

Así o manifestou o conselleiro Agustín Hernández na rolda de prensa na que presentou os investimentos do Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia, un programa plurianual para o período 2013-2016 que consta dun orzamento de máis de 4,2 millóns de euros, dos que os primeiros 1,6 millóns activaranse este mesmo ano.
Se ben Hernández non detallou as áreas de intervencións específicas para Gondomar, na súa exposición afirmou que entre as accións máis inmediatas cabe destacar a mellora na calidade das instalacións, realizando os arranxos ou optimizacións precisas en cubertas e paramentos, patios de manobra, escaleiras mecánicas ou ascensores, segundo as necesidades que precise cada estación". No Plan tamén se contemplan outras accións que melloren estas infraestruturas de transporte como pintado de estruturas e paredes ou substitución de asentos.