Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A publicación da detención por tráfico de drogas dun veciño de Gondomar, perxudica a outro veciño con similares inciais, idade e modelo de coche.

A publicación da detención por tráfico de drogas dun veciño de Gondomar, perxudica a outro veciño con similares inciais, idade e modelo de coche.

Correo-e Imprimir PDF
Fabián Dopazo na súa perruquería en Gondomar

A noticia da detención dun mozo de Gondomar o pasado 21 de xullo en Silleiro xógalle unha mala pasada a Fabián, un perruqueiro veciño de Gondomar que coincide nas iniciais do nome, na idade, na poboación e no modelo de coche có detido.

O veciño afectado é propietario dunha perruquería en Gondomar, e o "run-run" e o boca a boca  está levando a este mozo de 31 anos a unha situación crítica no seu negocio, pola confusión que se está a espallar erróneamente por Gondomar atribuíndolle os feitos delitivos cometidos por outra persoa.

O pasado 21 de xullo axentes da Garda Cicil detiveron a un veciño de Gondomar de 32 anos, que respondía ás iniciais F.J.V.I, como suposto autor dun delito contra a saúde pública pola venda de estupefacientes a pequena escala. Os feitos acontenceron na zona de Cabo Silleiro, onde foi sorprendido con 95 pastillas de éxtasis e 5 gramos de cocaína e una pequena cantidade de hachís no interior do seu vehículo, un Honda Civic.

O parágrafo anterior foi suficiente para que os veciños de Gondomar confundiran ao detido F.J.V.I  con Fabián Dopazo Sousa, un perruqueiro de 31 anos de Gondomar, que por casualidades da vida é tamén propietario dun coche Honda Civic. 

A confusión estaba servida e os rumores correron como a pólvora pola vila gondomareña, chegando a oídas dos seus propios clientes que deixaron de frecuentar a perruquería presumiblemente por confundir a Fabían co suposto traficante.

O perruqueiro afectado acudiu á prensa para por fin aos rumores e aclarar a confusión que está a por en perigo a súa imaxe e o seu negocio.