Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno de Gondomar fai un balance positivo da mellora do subministro eléctrico no concello.

O goberno de Gondomar fai un balance positivo da mellora do subministro eléctrico no concello.

Correo-e Imprimir PDF
electrico-gondomar

-O Concello soterrará o tendido eléctrico que discorre paralela ao río Miñor na zona urbana.

Transcorridos dous anos do seu mandato, o goberno de Gondomar presentou este martes un escrito co balance das obras de mantemento e melloras no subministro eléctrico do municipio desenvolvida neste período, tal “e como figuraba no programa electoral do rexedor Fernando Guitián e o seu equipo”, afirman. Nese senso, destaca a colocación de transformadores e reforzo de liñas nos barrios da Portavedra (Mañufe), A Mourisca (Chaín), así como a condución subterránea do tendido e  centro de transformación  en San Martiño (Borreiros). No mesmo escrito informa que estase a executar nestes momentos o mesmo traballo en Barcalla (Donas) e A Costa (Mañufe). A administración local engade que algúns destes proxectos “levaban paralizados máis de catro anos”.

O Concello soterrará a liña que discorre paralela ao río Miñor.

Neste balance asinado por Juan Carlos González Camesella (Medio Ambiente e Servizos), sinálase que o equipo dirixido polo alcalde Fernando Guitián “se formula proxectos máis ambiciosos”, como a condución subterránea da liña de media tensión que discorre paralela ao río Miñor  na zona urbana.

Convenios de colaboración

O escrito advirte que para “poder sacalos adiante”, o Concello de Gondomar conseguiu a colaboración das empresas distribuidoras (Fenosa e Eléctrica de Tui), e das Comunidades de montes para a instalación dos transformadores (Mañufe e Borreiros).

Para realizar o proxecto do barrio de A Costa contouse, ademais, coa colaboración do concelleiro e voceiro de IxG, Manuel Gómez, o cal “voluntariamente cedeu o terreo necesario para a instalación do centro de transformación nesta zona”, sinala o comunicado.

Camesella afirma que "dende o goberno local seguiremos nesta liña de traballo, buscando a mellora constante destas infraestruturas, sobre todo nas zonas onde máis deficiencias existan".