Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar recibe 34 solicitudes de licenza de venda ambulante das 38 ofertadas para o mercado dos luns

Gondomar recibe 34 solicitudes de licenza de venda ambulante das 38 ofertadas para o mercado dos luns

Correo-e Imprimir PDF

-Unha vez sexan revisadas as solicitudes, outorgaranse as respectivas licenzas e reorganizarase o mercado
-Aqueles vendedores que exerzan a venda neste mercado e non solicitaran previamente a súa licenza deberán deixar de exercer a súa actividade no devandito mercado

Dende que no pasado mes de maio, o Concello de Gondomar informase da convocatoria para a adxudicación de autorizacións para a instalación de postos de venda ambulante no mercado municipal dos luns, foron 34 as solicitudes presentadas no Rexistro municipal.
Nestes momentos, as solicitudes recollidas están a ser revisadas e, de cumprir cos requisitos expostos na ordenanza de venda ambulante do Concello, ocuparán 34 postos dos 38 ofertados.
Unha vez se outorguen as respectivas licenzas procederase á reorganización do propio mercado, outorgando a cada posuidor de licenza o seu respectivo posto definitivo. Do mesmo modo, o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, informa de que "aqueles vendedores que exerzan a venda neste mercado e non solicitaran previamente a súa licenza deberán deixar de exercer a súa actividade no devandito mercado".
Con esta medida adoptada polo Concello de Gondomar, Camesella atende a un dos puntos fixados no seu programa electoral regulando este mercado e dá, así, cumprimento á Lei de Comercio Interior de Galicia, a cal regula este tipo de comercio.