Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar artella un programa cara á redución do abandono escolar durante os meses de verán.

Gondomar artella un programa cara á redución do abandono escolar durante os meses de verán.

Correo-e Imprimir PDF

-As clases terán carácter gratuíto ca fin de servir como reforzo escolar destinado a mozos e mozas de ESO e Bacharelato.
- As solicitudes de inscrición poden presentarse no Concello ata o vindeiro sábado, 29 de xuño.

O problema do abandono escolar preocupa ás autoridades municipais de Gondomar, e por iso O Concello a través da Concellaría de Educación, que dirixe Paula Bouzós, porá en marcha durante os meses de xullo e agosto un programa de reforzo escolar destinado a apoiar aos estudantes de 3º, 4º da ESO e Bacharelato.
Segundo explica a concellaría, a acción formativa terá lugar nunha Escola de Verán na que se abordarán competencias básicas, "dende a comunicación lingüística, o razoamento matemático ou o coñecemento e interacción co mundo natural ata as competencias sociais e cidadás, a cultural e artística e a autonomía e iniciativa persoal".
Nese senso, explícase que as actividades estarán encamiñadas ao reforzo escolar, con clases, realización de exercicios e sesión de estudos. Cada alumno contará cun plan personalizado en función das súas necesidades no que se abordará, tanto a recuperación de materias cara setembro en cursos de ESO e Bacharelato, "como o reforzo en competencias básicas e a aprendizaxe de técnicas e hábitos saudables e eficaces de estudio".
Por outra banda, se adianta que un equipo traballará ademais a "intelixencia emocional, as habilidades sociais e as técnicas e hábitos de estudo mediante dinámicas, xogos e actividades lúdicas".
O curso está dirixido a mozos e mozas de 3º, 4º da ESO e Bacharelato e ten carácter gratuíto. As clases impartiranse do 8 de xullo ao 6 de setembro. Todos os interesados poderán recoller e presentar a súa solicitude no Concello ata o 29 de xuño (incluído).