Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O custe do mantemento de rúas e camiños consume a case totalidade do orzamento de Vías e Obras en Gondomar.

O custe do mantemento de rúas e camiños consume a case totalidade do orzamento de Vías e Obras en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
paso pietierios

O mal estado no que se atopan moitas rúas e camiños de Gondomar obrigan "á Concellaría de Vías e Obras a destinar gran parte dos seus orzamentos á reparación dos vellos colectores e das fochas en detrimento de posibles novas obras", sinalan dende o Concello. "O investimento neste tipo de actuacións pode ir desde os 3.000 ata os 9.000 euros, sen contar o seu mantemento anual", agregou o concelleiro responsable da área, Jesús Salgueiro.

 

As declaracións foron feitas nun comunicado da administración local no que da conta dunha serie de actuación en rúas e camiños que están a ter lugar na parroquia de Donas, a urbanización Val Miñor e na zona do polígono industrial A Pasaxe.

Segundo explica Salgueiro, "cando se fixo o saneamento hai 20 anos e se colocaron os colectores de auga deteriorouse moito o asfalto". Froito do mal estado de ditos colectores "xorden estas fochas que dificultan a circulación polos camiños", engadiu.

O concelleiro sinala que coa adecuación destas fochas, "o Concello de Gondomar a tende ás demandas dos veciños das súas parroquias que solicitaban hai tempo unha mellora nos seus camiños".