Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O medo ao asolagamento de vivendas e negocios volve a Gondomar logo doutra xornada de intensas choivas.

O medo ao asolagamento de vivendas e negocios volve a Gondomar logo doutra xornada de intensas choivas.

Correo-e Imprimir PDF
rio-minor-fontan

Cada vez que as xornadas de choiva enchen a canle do Miñor o medo a unha posible desfeita arrepía a veciños e comerciantes da vila condal. Afortunadamente, esta xornada non provocou vítimas nin danos materias de importancia, segundo confirmou o alcalde Fernando Gutián. O rexedor ten disposto un retén permanente para emerxencias coa policía local e operarios de Vías e Obras que ata o momento desta publicación non lle tiñan comunicado ningún incidente grave. Nembargante, veciños dos barrios de Fontán, Mañufe e a zona da praza de abasto -lugares de habitual inundación- non deixaron de controlar o estado do río.

Os maiores desbordamentos producíronse na zona do Parque da Colleira, nas proximidades do Centro de Desenvolvemento Local e o edificio da escola vella. Tamén na ribeira do río que pasa a carón do antigo matadero. Os lindeiros barrios de Fontán e Moreira (Mañufe) tamén amosaban o avance das augas sobre varias leiras e nalgúns tramos sobre os propios muros das fincas e urbanizacións (ver informe televisivo conxunto con VIARTV).

De momento non foron reportados casos de vivendas asolagadas nin cortes de tráfico sobre as pontes da vila e de Mañufe que soen quedar baixo auga nos momentos de maior crecida.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site