Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Casa da Cultura de Gondomar amosa nova faciana logo da súa remodelación.

A Casa da Cultura de Gondomar amosa nova faciana logo da súa remodelación.

Correo-e Imprimir PDF
Casa-cultura-antes
Casa-cultura-despois-2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A vinte anos da súa habilitación como Casa da Cultura municipal, o edificio foi remodelado en boa parte das súas estruturas cun orzamento de 12 mil euros. Os traballos foron desenvolvidos en su meirande parte por persoal do Concello, agás a colocación dunha tarima flotante feita por unha empresa privada. As obras renovaron as paredes do edificio no que na actualidade funcionan a Oficina da Cultura, a Oficina de información xuvenil (OMIX), a Oficina da Muller e a de Benestar entre outros servizos.

 

As obras que remataron o pasado mes de decembro realizáronse pola tarde co propósito de "non molestar aos traballadores que desempeñan, alí, o seu labor diario", sinalaron dende a administración local.

A Casa da Cultura de Gondomar, habilitada no ano 1993, "non fora reformada desde entón polo que o seu acondicionamento era unha tarefa pendente para o concello", sinalan.