Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar abre o prazo de inscrición para o concurso-desfile do Entroido 2013

Gondomar abre o prazo de inscrición para o concurso-desfile do Entroido 2013

Correo-e Imprimir PDF
entroido-gondomar-2012

- O horario será de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar

 

Un ano máis a Concellaría de Festexos de Gondomar organiza o tradicional Gran Desfile de Comparsas, acto principal do 'Entroido 2013' que se celebrará o domingo día 10 de febreiro a partir das 16.00 horas.

Aquelas comparsas que queiran participar no desfile deberán inscribirse de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar. O prazo de inscrición rematará o venres 31 de xaneiro ás 13.30 horas.

Cada comparsa, rexistradas ou informais, deberá estar composta dun mínimo de 20 persoas adultas e terá que presentar a seguinte documentación:

AGRUPACIONS REXISTRADAS:

•Estar rexistrada como asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia

• Copia do DNI do representante legal da entidade e CIF da propia entidade.

• Una declaración xurada de non perseguir coa actividade finalidade lucrativa algunha.

• E certificación de atoparse ao corrente das súas obrigas fiscais e coa seguridade social.

AGRUPACIÓN INFORMAIS:

• Unha copia do código de Conta Cliente da entidade Bancaria

• Copia do DNI do representante

• Folla de firmas cuberta e completa segundo anexo

Para as comparsas máis orixinais haberá premios:

• 700 euros 1º clasificada

• 600 euros 2º clasificada

• 500 euros 3º clasificada

• 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes

Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.