Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Nacionalistas denuncian como "inútil e absurdo" o gasto de 1.570€ para axendas de agasallo feita polo Concello de Gondomar.

Nacionalistas denuncian como "inútil e absurdo" o gasto de 1.570€ para axendas de agasallo feita polo Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O concelleiro Pauliño del Río denuncia como un "gasto inútil e absurdo" a compra de axendas 2013 para agasallos feita polo Concello de Gondomar. Nomeadamente, o edil nacionalista cuestiona que o goberno municipal gaste 1.570 euros a tal fin, cando o goberno local, entre outra reducións, baixou os investimentos municipais preto dun 90% nos orzamentos de Gondomar.

 

"Hai agora un ano - lembra del Río- o Sr.Guitián ordenou a compra de axendas para agasallo. A broma custoulle ao erario público 1.300€. O Grupo nacionalista devolveu as axendas e denunciou publicamente a súa compra innecesaria".

Mediante un comunicado engade que " Resulta unha broma de mal gusto que un Concello como o de Gondomar coas graves deficiencias de todo tipo que ten, con máis de 1.500 parados, coa suba do IBI, do recibo da auga e instauración da taxa do lixo a partir do 1 de xaneiro de 2013, e co mantra do PP de que hai que reducir gasto público, o Sr.Gutián despilfarre 1.570€ na compra de axendas para regalo".

O concelleiro nacionalista sinala que visto isto " Veremos con que cara o Sr.Guitian négalle a un veciño unha prestación coa escusa de que non hai cartos."