Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Unha sentencia absolve ao Concello de Gondomar de indemnizar con máis dun millón de euros a unha promotora

Unha sentencia absolve ao Concello de Gondomar de indemnizar con máis dun millón de euros a unha promotora

Correo-e Imprimir PDF
concello gondomar

-O Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo vén de desestimar o recurso contencioso administrativo presentado por Promociones Colmeiro e Martínez S.A. no que solicitaba unha indemnización do Concello de Gondomar de 1.061.600,09 euros

 

O Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo vén de absolver ao Concello de Gondomar de indemnizar con máis de un millón de euros a Promociones Colmeiro y Martínez S.A. . A empresa presentou en outubro de 2011 un contencioso administrativo contra a desestimación presunta por silencio administrativo da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada en maio de 2010, en relación aos prexuízos causados pola anulación xudicial do contrato de permuta subscrito polo Concello en 1994 e as posteriores visicitudes en relación coa construción dun edificio de 56 vivendas nunha parcela xunta a estrada cara A Ramallosa.

Como sinala a sentencia "non se aprecia o esixible nexo de causalidade entre a actuación municipal e as partidas reclamadas como dano", polo que se desestima o recurso e se absolve á Administración Local das pretensión deducidas na súa contra.

Os antecendentes remóntanse á 2004, cando a sociedade mercantil permutou ao Concello unha finca de 1450 m² por outra de titularidade municipal de maior extensión na que se executou o proxecto de construción dun edificio de 56 vivendas. En 2007, o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo anulou a permuta, pero ante a imposibilidade de executar a sentencia, impúxoselle a Promociones Colmeiro y Martínez compensar economicamente ao Concello con máis de 600.000 euros. En maio de 2010, a empresa presenta unha reclamación de responsabilidade patrimonial por máis de un millón de euros, desestimada presuntamente por silencio administrativo, ante a que a empresa volveu presentar en 2011 o contencioso administrativo desestimado agora.