Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar remodela as canalizacións de augas pluviais na Fraga para evitar inundacións

O Concello de Gondomar remodela as canalizacións de augas pluviais na Fraga para evitar inundacións

Correo-e Imprimir PDF
vincios-cunetas-a-fraga
cunetas-a-fraga-
27 11_12_Concello-de-Gondom
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

-A actuación acometida por Vías e Obras pretende evitar a anegación de vivendas como as sucedidas o pasado ano

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Gondomar, dirixida por Jesús Salgueiro, procedeu a realizar diversas actuacións de canalización e cunetas no lugar da Fraga, na parroquia de Vincios, co fin de evitar inundacións en vivendas como as sufridas o pasado ano.

As obras consistiron na realización de 400 metros de canalización e cunetas de formigón que conducirán a auga da chuvia ao canle fluvial.