Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Comezan obras de mellora de camiños rurais nas parroquias de Donas e Chaín.

Comezan obras de mellora de camiños rurais nas parroquias de Donas e Chaín.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar informou este martes 13 de novembro o comezo das obras de mellora na capa de rodadura nos camiños de Porros e Mosteiro (Donas), así como o camiño Igrexa – Pintor (Chaín). A administración aplicará un investimento de 81.846,12 euros provenientes do PEIM (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio rural).

 

As obras son consecuencia dun convenio asinado en xullo co PEIM, un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural.

O convenio establece que a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais.