Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Conservatorio oficial de Gondomar "a medio gas", sen clases de piano e tres baixas sen cubrir.

O Conservatorio oficial de Gondomar "a medio gas", sen clases de piano e tres baixas sen cubrir.

Correo-e Imprimir PDF
aviso-piano-conservatorio

Os alumnos do conservatorio municipal de Gondomar carecen de profesor de piano dende principios de outubro. O retiro por xubilación da directora do centro e profesora de piano, así como a baixa dende principio do curso da profesora de Linguaxe musical, que tamén imparte clases do instrumento, aínda están sen cubrir . Por riba, os pais dos alumnos informan que hai que sumarlle outra baixa sen cubrir, a da profesora de vento madeira e Linguaxe musical, da que se prevé o seu retorno cara a finais deste mes. Os proxenitores aseguran estar ao límite e preocupados polo futuro dos máis de cen cativos que concorren ao centro.

 

O concelleiro Xosé Antonio Araúxo fíxose eco das demandas dos pais e asegura que presentará o tema no vindeiro pleno municipal. Nese senso, o edil nacionalista transmitiu a súa preocupación porque afirma que a pesar ca directora retirouse cos preavisos correspondentes, ao día de hoxe " nin está substituída, nin se iniciaron os trámites para facelo".

A maiores, Araúxo informou que en diálogo con algúns pais alertoulles que a aplicación da Lei de Acompañamento dos Orzamentos do Estado "e doutros Decretos, é de obrigado cumprimento o que chaman Taxa Cero De Reposición De Persoal nas Administracións Públicas", polo cal coa actual lei do Goberno de Rajoy, "só serán substituídas aquelas baixas en servizos básicos e previa xustificación", polo que podería darse o caso que as prazas de profesores de música , finalmente non sexan cubertas.

Os nacionalistas ven o Conservatorio de Música como un servizo mancomunado.

O concelleiro Araúxo, agregou que no vindeiro pleno de novembro insistirá na necesidade de trasladar a xestión do Conservatorio de Música á órbita da Mancomunidade do Val Miñor. O edil informou que este servizo, na actualidade baixo competencia só de Gondomar, está integrado nun 76% por alumnos de Baiona e Nigrán. Nembargante, Araúxo teme que a medida non prospere polo que considerou unha " nula capacidade xestión e escaso peso político dentro do PP do alcalde de Gondomar".