Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar desenvolve plan piloto para capturar "infraganti" a condutores que se saltan a luz vermella do semáforo.

Gondomar desenvolve plan piloto para capturar "infraganti" a condutores que se saltan a luz vermella do semáforo.

Correo-e Imprimir PDF
red-control

As novas tecnoloxías xogan a favor do control do respecto das normas de tráfico. Cámaras de alta resolución nos túneles, carreteiras e avenidas conectadas a velocímetros, o "temible" radar, ect, son aparellos coñecidos polo condutores. Agora, no municipio de Gondomar, unha cámara conectada ao semáforo controla a posibles infractores á hora de respectar a sinal vermella. O primeiro está situado á altura do Cruceiro de Mañufe e en breves días o Concello recibirá o primeiro informe coas conclusións dunha semana de experimentación por parte da empresa Vialine, encargada da proba.

 

A proba non ten carácter sancionador pero servirá para que o Concello poida constatar o nivel de cumprimento das normas de tráfico, sinalaron nesta xornada dende a administración local. Agregan que a experiencia non ten custe algún para as arcas do municipio.

Os secretos do aparello

Segundo informa a empresa no seu portal informativo, trátase dunha solución baseada na tecnoloxía de visión artificial que monitoriza continuamente un sinal semafórica. O sistema detecta os vehículos que pasan o semáforo en vermello, enviando ao centro de control os datos relativos á posible infracción e evidencias visuais da mesma. As probas visuais son concluíntes para que as persoas responsables da súa xestión poidan validar a infracción e, nese caso, emitan a sanción correspondente.

Como pillan aos condutores?

O sistema, chamado "REDE CONTROL" polos seus creadores, permite detectar todos os vehículos que transitan por unha vía, proporcionando datos tales como a matrícula, data, hora e punto de control. No caso de que o vehículo cometa unha infracción, o sistema proporciónanos evidencias visuais da mesma: un vídeo da secuencia de paso, cinco fotogramas a cor, e un fotograma en branco e negro co detalle da matrícula.

O Concello anuncia que analizará os resultados antes de asinar un convenio coa empresa.

Unha vez finalizada a proba, a empresa Vialine entregará un informe cos resultados obtidos. Cos datos ofrecidos, o Concello analizará a conveniencia de instalar algún destes dispositivos.

Segundo o manifestado polo Concello, a experiencia noutros municipios demostrou "a súa contribución á adopción de hábitos de condución máis solidarios e respectuosos coa lei, a redución da sinistralidade e a mellora da seguridade viaria".