Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar instala os polémicos colectores de recollida de roupa. Caridade ou negocio?

Gondomar instala os polémicos colectores de recollida de roupa. Caridade ou negocio?

Correo-e Imprimir PDF
colector-avda-do-conde
colector-rua-elduayen
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Dous colectores de roupa usada e calzado pertencentes a Jóvenes Unidos por el Desarrollo Medioambiental S.L. foron instalados nestes días na vila de Gondomar con autorización do Concello. A empresa, con domicilio fiscal en Toledo, defínese no Rexistro Mercantil como empresa dedicada á distribución e comercio al por maior e menor de toda clase de prendas entre outros xiros comercias. Nembargante o concelleiro Juan Carlos González Cameselle, encargado das negociacións coa empresa, asegura que trátase dunha recolleita con fins socias coa que estase a desenvolver un plan piloto. A empresa ten asinados convenios con varios municipios españois .

O concelleiro asegurou a Valminor.info que os representantes da empresa amosaron folletos e material informativo nos que se asegura que os beneficios obtidos da reciclaxe de prendas e calzados depositados nos colectores destínase integramente a fins sociais en países de África e América Latina. Nembargante a web oficial da empresa asegura que a roupa en mellor estado destínase a unha posterior venta en países "en vías de desarrollo y el resto utilizarla para hacer material textil para la industria o para su posterior utilización en la realización de nuevas prendas."

A empresa que fixa a súa data de orixe no ano 2002, sinala tamén no seu portal en Internet que ademais de "generar un gran beneficio medioambiental", destina "parte de los beneficios económicos obtenidos" (ou sexa, non todos), a achegas económicas a países en vías de desenvolvemento así como a unha asociación nomeada "Asociación Contra la Violencia de Género (ACVIG). Entidade que tamén dedícase a recolleita de roupa usada para financiarse.

O xornal ABC involucra á empresa que fará a recollida de roupa usada en Gondomar coa chamada "Trama ACVIG" en Guadalajara.

Nese senso, o xornalista Oscar Cuevas de ABC, sinala nunha nota do 10 de febreiro de 2010 que con motivo dunha denuncia da agrupación socialista de Guadalajara, confirmáronse as sospeitas de que" Su asociación [ACVIG] es una auténtica entelequia, la componen únicamente tres personas, y no es más que el paraguas en el que se escuda una empresa dedicada a la venta de ropa usada, con el fin de que los ciudadanos depositen ropa en los contenedores creyendo que colaboran con una causa que, al menos hasta la fecha, sencillamente no existe."

Na mesma nota, ABC afirma que segundo datos recoñecidos polo portavoz de ACVIG, Ángel Alonso en rolda de prensa, "hasta la fecha Acvig no ha destinado ni un solo euro a ninguna acción relacionada con la lucha contra la violencia machista. Tampoco ha desarrollado ninguna actividad de sensibilización, campaña informativa, conferencia, taller, ni nada que se le parezca."

A evidencia da "trama Acvig", como a denominou ABC, foi debelada cando Alonso "reconoció la acusación que el día anterior vertió el PSOE: Los impulsores de la citada Acvig son los mismos que poseen una empresa dedicada a la recogida y venta de ropa, esta sí con ánimo de lucro, que se llama «Jóvenes Unidos por el Desarrollo Medioambiental», y que realiza una labor similar en otros municipios en los que no se han presentado con el paraguas de la violencia machista."

Tamén logo da citada rolda de prensa, o portavoz de ACVIG afirmou que a organización presentaría unha querela contra o edil do PSOE Daniel Jiménez, titular da denuncia presentada en Guadalajara. Feito aínda non concretado.

O que si fixo ACVIG, foi publicar un desmentido na súa web contra estas acusacións. Na mesma, aínda que acepta que financia parte das súas actividades coa venta da roupa recolleita nos colectores, sinala que as acusacións non ten "ningún tipo de rigor" e menoscaban a labor que desenvolven en varias cidades de España. Agregan que operan legalmente e con permisos dos municipios onde se atopan os seus colectores. Finalmente sinalan que axudan economicamente a comedores socias , financiación de pisos de acollida en Madrid e Castela León así como partidas aos damnificados do terremoto de Haití.

Os colectores de Gondomar.

A colocación dos dous colectores en Gondomar -situados un na avenida do Conde e o outro na rúa Elduayen- foi anunciada esta tarde oficialmente a través dun comunicado do Gabinete de Prensa do Concello de Gondomar. Sinala que trátase dunha experiencia piloto posta en marcha pola Concellaría de Medio Ambiente, "coa que se pretende comprobar a aceptación destes sistemas e a resposta dos veciños de Gondomar".

Nese senso, o comunicado afirma que " Unha vez comprobada a aceptación, e se esta fose positiva, procederíase á firma dun convenio coa empresa responsable [Jóvenes Unidos por el Desarrollo Medioambiental S.L.] da recollida, e ata á ampliación das zonas de instalación destes colectores". Anuncio que foi ratificado persoalmente polo concelleiro Juan Carlos González Camesella a Valminor.info.

Consultado sobre os antecedentes que tiña a súa concellería polos feitos anteriormente descritos, Comeselle sinalou que "trátanse de rumores", engadindo que "en Internet se din moitas cousas".

Por outra banda, afirmou que a experiencia piloto se desenvolverá por un par de meses, cunha periodicidade de recollida cada quince días, comprometida por parte da empresa.