Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Accidente automobilístico na PO-331 á altura do quilómetro 17 no carril Gondomar – Vincios.

Accidente automobilístico na PO-331 á altura do quilómetro 17 no carril Gondomar – Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

Minutos antes das 9:00 da mañá deste luns, tivo lugar un accidente á altura da curva existente no quilometro 17 da PO-331, no carril que circula dende Gondomar cara a Vincios. Un turismo azul envorcou por razoes aínda descoñecidas, sen provocar lesións de gravidade na súa única ocupante. A muller de 35 anos foi atendida por unha ambulancia asistencial, pero a mesma pediu o alta voluntaria, segundo informan os servizos de emerxencia.