Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Nacionalistas advirten dos perigos de colocar minidepuradoras enriba da captación da traída de auga municipal de Gondomar.

Nacionalistas advirten dos perigos de colocar minidepuradoras enriba da captación da traída de auga municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
estacion-bombeo-morgadans-1

O proxecto de Augas de Galicia e o Concello de Gondomar de colocar dúas minidepuradoras sobre o río Morgadáns podería reverter nun grave prexuízo á salubridade pública, alertaron nesta xornada os nacionalistas Xosé Antonio Araúxo e Xaime Luxilde. Os mesmos aseguran que os prexudicados serían os "miles de veciños de Gondomar que fan uso da auga da traída municipal, cuxa captación está río abaixo de onde as devanditas depuradoras verterían a súa auga ".

 

O proxecto de saneamento anunciado por Augas de Galicia.

As minidepuradoras forman parte dun proxecto de saneamento para ás localidades de Vilas e Prado, na parroquia de Morgadáns, elaborado por Augas de Galicia. A obra incluiría un colector xeral, independente da rede principal do municipio. A non conexión -a lo menos nun principio- deste colector coa rede central de Gondomar débese a razoes de custes, segundo indicaron as autoridades autonómicas e municipais.

A localización das depuradoras augas arriba da estación de bombeo sobre o Río Morgadáns, que capta nesa zona é bombeada a estación de tratamento situada no Picoto dende onde se distribúe a gran parte de Gondomar, é o principal punto que xera a crítica dos nacionalistas. "Por certo, e segundo as analíticas é unha auga de primeira calidade que se vería danada cos futuros vertidos", asegurou Araúxo.

O perigo das minidepuradoras.

Xaime Luxilde, vogal nacionalista na Entidade Local de Morgadáns e o concelleiro non adscrito (ex BNG), Antonio Araúxo, afirmaron que os veciños de Prado e Vilas ten dereito a contar cun "saneamento con garantías de funcionamento". Nese senso, alertaron que a experiencia de outras mini depuradoras "di que teñen un funcionamento moi irregular e con un mantemento complexo e caro, así como unha capacidade de depuración escasa. A maioría delas na práctica non funcionan vertendo directamente sen depurar aos ríos ou ao monte, iso si, quedan moi ben na foto á hora de inauguralas".

Nacionalistas entenden que falla información sobre o proxecto.

Por outra banda, criticaron a falla de información sobre algúns puntos vitais da obra " Por certo, se os colectores que saen das mini depuradoras non están conectados coa rede xeral, a onde verten a auga supostamente depuradas?, que pasará cando haxa unha avaría?, poranlle un tapón no tubo?", sinalaron.

Os nacionalistas tamén preguntan quen se fará cargo dos custes de mantemento "destas dúas depuradoras, o Concello ou a Entidade Local Menor?"

O tema será debatido no pleno municipal de Gondomar do mes do outubro.

Luxilde e mais Araúxo entenden que estase ante una cuestión "de importancia vital para Gondomar que sen dúbida provocará mobilizacións e protestas veciñais que dende xa contan con noso apoio. Coa auga de beber non se xoga, pois ademais de ser un ben escaso hai que protexela" sinalaron.

Nese senso, os cinco concelleiros nacionalistas non adscritos (ex BNG) presentarán unha moción "para que Prado e Vilas conten con saneamento por medio dun colector xeral conectado á rede xeral municipal como o resto das parroquias de Gondomar"

"Os experimentos deste tipo á larga saen máis caros provocando estragos irreversibles no Medio Ambiente e na saúde das persoas" opinaron.