Un espectáculo de lume a cargo das compañías Al-folk e Confusión e o desfile dun dragón xigante puxo o punto final á I Festa Medieval de Gondomar, un evento organizado pola empresa Fusión Medieval que durante toda a fin de semana reviviu en rúas e prazas do concello a época dos castelos e os cabaleiros a través da artesanía, os oficios tradicionais, a música, o baile e a animación de rúa. A actividade contou coa colaboración da Concellaría de Cultura de Gondomar.