Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar coloca novos colectores para o reciclaxe de residuos orgánicos e vidro.

O Concello de Gondomar coloca novos colectores para o reciclaxe de residuos orgánicos e vidro.

Correo-e Imprimir PDF
colectores-lixo-reciclaxe-g

O Concello de Gondomar anunciou a colocación de novos colectores para residuos orgánicos e de vidro a fin de incentivar o reciclaxe no termo municipal. Tres deles colocáronse no polígono da Pasaxe, un en Mañufe e dous nos merenderos das áreas recreativas de Gondomar e San Cibrán.

 

Os novos colectores de vidro instaláronse na rúa Diego Sarmiento Acuña, en San Cristóbal de Couso, na rúa Pereiras e en Nande-Mañufe. Dende a administración anuncian que nos próximos días se colocarán máis noutros puntos do concello.

Paralelamente, e Concello de Gondomar informou que está realizando durante esta semana unha limpeza interior-exterior dos colectores de residuos domiciliarios, co fin de diminuír os malos cheiros habituais na época estival.