Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar cambia 21 contratos de subministro de electricidade logo de pagar 400 mil euros en 2011.

Gondomar cambia 21 contratos de subministro de electricidade logo de pagar 400 mil euros en 2011.

Correo-e Imprimir PDF
electricidad1

Logo de pagar máis de 400 mil euros en 2011 por concepto de gasto en electricidade, o Concello de Gondomar modifica 21 contratos de máis de 10KW de subministración eléctrica colocándoos no mercado libre. A medida forma parte dun plan de aforro enerxético e económico que está a desenvolver a Concellaría de Medio Ambiente, segundo anunciou o seu responsable, o concelleiro Juan Carlos González, a través dun comunicado.

 

Por outra banda, González sinalou que a medida permite ao Concello adaptarse á nova Lei 17/2007 do sector eléctrico e "evitar ser penalizado pola facturación a través dunha distribuidora e non dunha comercializadora, tal e como establece a normativa".

Nese senso destacou a "boa relación que o Concello mantén con Gas Natural-Unión Fenosa", o que permitira desenvolver esta xestión. Agregou que esta é "outra medida de aforro complementaria ás que xa se están a levar a cabo dende o servizo de electricidade do Concello".

Finalmente agregou que o obxectivo da súa administración é "optimizar os recursos e evitar o derroche enerxético, xa que o custo da electricidade supuxo para o Concello o desembolso de máis de 400.000 euros en 2011".