Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Concentración contra os recortes nas portas da sede do PP de Gondomar.

Concentración contra os recortes nas portas da sede do PP de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
manifestantes-na-sede-do-lo

Unha vintena de persoas concentráronse na tardiña do venres ás portas da sede local do PP de Gondomar co xeito de protestar contra o plan de axustes que está levando adiante o goberno do popular Mariano Rajoy. "Manifestamos a nosa indignación polo que consideramos unha estafa ao pobo por parte do goberno", sinalou unha das participantes no acto. A concentración, convocada de xeito aberto por Esquerda Unida de Gondomar, rematou sen inconvenientes.

 

Josue Villar, portavoz de EU, salientou que a convocatoria foi de xeito espontáneo unha vez decatados dos últimos anuncios en materia de recortes socias na sesión do xoves no parlamento e o venres a través do equipo de goberno de Mariano Rajoy. Fundamentalmente a través das redes, EU quixo convocar aos veciños a concorrer "sen bandeiras" á sede local do partido de goberno.

As portas do local colocáronse carteis chamando a "folga xeral indefinida" e outros con críticas e frases irónicas contra o rescate á banca, e denunciando aos principais responsables das entidades.