Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno de Gondomar aproba por maioría un crédito de 1.657.261,82 € para o pago de provedores.

O goberno de Gondomar aproba por maioría un crédito de 1.657.261,82 € para o pago de provedores.

Correo-e Imprimir PDF
concello gondomar

- Nacionalistas denuncian: "É a primeira vez na historia que o Pleno de Gondomar aproba un préstamo sen saber as condicións económicas nas que vai ser concertado"

- A concelleira de Facenda, Natalia Salgueiro (CDL), asegurou que a firma da operación "axudará enormemente a sanear a economía local".

Despois de recibir, o pasado 30 de abril, o informe favorable ó plan de axuste por parte do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, o Pleno do Concello de Gondomar aprobou esta mañá a operación de crédito para o pago a provedores segundo o establecido polo RDL 4/2012 do 24 de Febreiro. O único punto da orde do día saíu adiante cos votos a prol dos concelleiros do PP, CDL e IXG. O grupo socialista optou pola abstención e os cinco concelleiros non adscritos (ex BNG) votaron en contra da aprobación.

Importe do crédito e condicións de pago.

O importe total da operación ascende a 1.657.261,82 euros. Este importe corresponde as facturas dos provedores que manifestaron a súa vontade de adherirse a dito plan, e varía en 14.500 euros a cifra comunicada ó Ministerio o pasado mes de marzo.

Segundo informou a concelleira de Facenda, Natalia Salgueiro, as condicións da operación veñen determinadas pola Orden PRE/773/2012 do 16 de Abril que fixa o prazo máximo de amortización en 10 anos, con 2 de carencia e o tipo de xuros, será variable, e o equivalente o custe de financiación do Tesouro Público máis unha marxe de 115 puntos básicos, o que se engadirá outra de intermediación de 30 puntos básicos.

A formalización realizarase "con aquela entidade que comunique o Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas por medio do Instituto de Crédito Oficial", comunicou Salgueiro.

A oposición denuncia falla de información precisa sobre os termos do crédito.

O acordo adoptado recolle tamén facultar o Alcalde para a formalización da operación de prestamo."É a primeira vez na historia que o Pleno de Gondomar aproba un préstamo sen saber as condicións económicas nas que vai ser concertado e sen saber con qué Banco se vai asinar a devandita operación", denunciou o concelleiro nacionalista Emilio García Crego, no debate do pleno.

Natalia Salguerio defende a posición do goberno bipartito.

A Concelleira delegada de Facenda, Natalia Salgueiro, cualificou como "beneficioso" o acordo adoptado na sesión extraordinaria desta maña. Salientou que a firma desta operación de crédito "axudará enormemente a sanear a economía local, o que posibilitará a elaboración dun orzamento dacordo as necesidades reais e actuais co Concello, e o que é todavía mais importante, servirá para inxectar liquidez principalmente as pequenas empresas acreedoras do mesmo."

Concelleiro Emilio García Crego "O goberno do Estado español intenta vendernos que se trata dun 5% pero non é certo".

Unha vez rematada a sesión os concelleiros que responden a Asemblea Nacionalista de Gondomar (ex- BNG), informaron que os únicos datos certos "son o principal do préstamo e o prazo que se estipula a 10 anos con dous de carencia". Nese senso opinaron que o goberno do Estado español, " intenta vendernos que se trata dun 5% pero non é certo. O 5% está calculado seguindo a referencia dos custes de financiación do Tesouro Público a 5 anos, pero trátase de 10 anos o que implica un custe superior, ademais garantízaselles aos bancos unha marxe de 115 puntos básicos e unha marxe de intermediación de un máximo de 30 puntos básicos. Nada se sabe dos custes de apertura ou intervención de fedatario público, nada se sabe da existencia ou non de penalizacións por amortización parcial ou total do préstamo, nada se sabe dos períodos de revisión do tipo de xuros".

Os concelleiros do grupo nacionalista de Gondomar aclararon que están a favor de que se lle pague aos provedores pero aclararon que "non de calquera maneira e sen afogar o futuro do Concello.".

Os nacionalistas emprazan ao goberno bipartito (PP-CDL) a que faga público o tipo de xuros que se vai pagar por este préstamo unha vez se formalice e a que explique "por qué aproba un préstamo fiándose das negociacións do Sr. Montoro e a Banca para determinar as cantidades que todos os cidadáns imos pagar."

GASECO e Limpezas Cies levan a maioría dos cartos do crédito.

Outra cuestión xa debatida no seu día, o cerne do problema, ten que ver con que en realidade son dous provedores os que van levar máis do 80% do cartos solicitados. Nese senso, García Crego lembrou os casos de GESECO e Limpezas Cies. Recordou que" cando nalgún caso había consiganción para pagar en tempo e forma. Porque non se fixo e agora hai que ir a este tipo de operacións que favorecen só aos bancos?, as facturas reais que poderían entrar nesta operación non pasarían de 300.000€, co conseguinte aforro de máis dun millón de € para o Concello ao final dos 10 anos