Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Por mor da crise o Concello de Gondomar fornece o seu Banco de Alimentos.

Por mor da crise o Concello de Gondomar fornece o seu Banco de Alimentos.

Correo-e Imprimir PDF
cruzrojaaliemntos

Case 6.000€ recibirá o Banco de Alimentos de Gondomar, da cesión das asignacións dos 17 concelleiros correspondentes a súa asisntencia ao pasado pleno de febreiro. A medida, proposta polo edil Manuel Gómez (IXG), foi aprobada por maioría dos membros da corporación coa intención de fornecer as arcas deste servizo. O acordo, cumprimenta outro aprobado no mesmo pleno a iniciativa da alcaldía, que implicou a sinatura dun convenio de cesión dun local por parte da Entidade Local Menor de Morgadáns, con destino a centro-almacén e distribución de alimentos para o Banco.

 

Manuel Gómez salientou que a crise bate con máis forza naquelas persoas que se atopan con menos recursos, "algunhas xa no albor da pobreza, e si cadra, xa dentro da mesma".Nese senso, o edil opinou que "cada vez faise mais necesario que as institucións adopten acordos e tomen medidas de xeito que axuden a paliar a devandita situación na medida do posible, xa que estamos a falar de proporcionar alimentos de primeira necesidade a persoas e familias do noso concello que están a vivir o drama da falta dun ben esencial para sobrevivir,"

A moción, ingresada con carácter urxente á sesión do pasado 2 de febreiro tamén prevé que aqueles, corporativos, "que por razón de seu cargo, non perciben está asignación, xa que gozan dunha dedicación exclusiva o parcial, abonen a parte proporcional da mesma que corresponda." No texto do acordo, o portavoz de Iniciativa por Gondomar, lembrou que a actual posta en funcionamento do Banco de Alimentos derívase da proposta feita no seu día "pola anterior concelleira de Benestar Social, Dona Teresa Pereira Capel, que foi aprobada pola Xunta de Goberno Local, polo anterior goberno, en data 17 de xuño de 2010, onde aprobáronse as base para as solicitudes de axudas de alimentos da CRUZ VERMELLA."